Wednesday, June 09, 2010

Negra Sombra

Nun tempo quedo de choiva e vento,
nun ceo gris de paisaxes verdes,
abonda unha bágoa para rebordar un mar.

Laiados sen folgos dun tremar
sen pena, dun sentir sen alma,
dun home vagando por un camiño
sen final.

Mans cravadas a sangue nunha terra,
raizames secos sen esperanza,
follas vellas levadas mais aló,
do lume quente do lar.


1 comment:

Alberto Fernández said...

Oso: Y a mi me encanta que te pases por aquí y dejes tus post it.

Un abrazo.

Free counter and web stats