O vento que traes os recordos dun perfume,
de salitre de mar e pinos,
duns ollos negros coma unha noite de lua chea,
duns ollos que miraron na miña soidade,
e me trouxeron a luz de mil estrelas en cor de prata.
Iste vento que me arroupa, me envolve e me acaricia,
deixa na miña pel os recordos dá suavidade,
dunhas mans percorrendo cas xemas duns dedos,
cada centímetro prohibido da miña alma,
nesas caricas onde me estremecia e despertaban,
en min,
as sensacións más recónditas.
Vento maldito, vento ferido, vento de recordos,
traes a min o gozo dunha noite de paixón,
duns beizos que me bicaron como se fose daquela,
a última noite que foran a bicarse.
Coma se fora a última noite que si bicaban...
como se fora a última noite...
Vento non te vaias, volve por min,
lévame ande ti viaxes, deixa que miña
alma se evapore,
deixa que iste amante que non pode olvidar,
se disolva en ti, en contigo sexa un,
para así poder, quizás,
nalgún lugar,
traerlle os recordos dun perfume,
de salitre de mar e pinos,
a o meniño que fixo de min,
durante unha noite,
a estrela de prata mais brilante do ceo.
No comments:
Post a Comment